A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, reuniuse esta semana pasada cos veciños da Avenida de Lugo para explicarlles pormenorizadamente o proxecto que a Deputación de Pontevedra levará a cabo neste vial para a recollida de augas pluviais.
Pero non fo leste o único tema, Portas, tamén se comprometeu a traballar para buscar solución aos asolagamentos na zona e a crear pasos elevados para acougar o tráfico e garantir a accesibilidade.
Nun xesto de colaboración, a rexedora recolleu novas demandas achegadas polos veciños que comezarán a tramitar coa Deputación de Pontevedra.