Javier Carro, portavoz e líder de XM denuncia que o Concello de Moaña levantou un muro con fondos públicos nun terreo de propiedade privada na zona da Cerradiña-Lourenzo.
«Unha Asociación de Veciños pode pedir como prioridade numero un que se faga un muro de contención nun vial publico e non o cuestiono en absoluto, se a petición parte da boca do presidente da Asociación, tampouco o fago, pero cando o terreo para desenvolver a obra é da súa propiedade, nese caso si que o cuestiono», relata Carro que engade que «se pide que se faga con fondos públicos, cuéstionoo aínda máis e se encima dílleme que ese muro pasa a ser propiedade municipal pola cesión do terreo para a construción do muro e logo concédeselle unha licenza de obra para o peche da leira encima do muro propiedade do Concello de Moaña, entón entendo moito menos», opina Carro asegurando que os técnicos do consistorio terán que darme ese informe que desde o día 12 de febreiro aínda non me remitiron a pesar de que a lei di que teñen cinco días para facelo».
Se este muro, indica o portavoz de XM, é «primordial» para a Asociación de Veciños de Domaio, para o meu é unha «tremenda desilusión ver como se pode poñer isto como prioridade con todas consecuencias». «Persoalmente non podo comulgar con estas políticas de amiguismo por un puñado de votos», apostila.