As concelleiras presentando a actividade.

A Alameda de Marín acollerá a próxima fin de semana, do 11 ao 17 de abril, unha
Mostra de Acrobacia que fará as delicias da rapazada, con talleres de diversas
técnicas, e de todo o público en xeral, coas actuacións que están previstas para a
tarde-noite. As concelleiras Beatriz Rodríguez e Cristina Acuña presentaron esta
mañá o cartel da actividade.
Así é a programación, para a que non é preciso inscrición:

LUNS: TALLER ACROBACIA EN TELAS (TARDE 17:30 A 19:30)
MARTES: TALLER VERTICAIS (TARDE 17:30 A 19:30)
MÉRCORES: TALLER ACROBACIA EN CORDA (TARDE 17:30 A 19:30)

XOVES: TALLER ACROBACIA EN ARO (TARDE 17:30 A 19:30)
VENRES: ESPECTÁCULO AS NOSAS FADAS (TARDE ÁS 18:30)
SÁBADO: ESPECTÁCULO CACHITOS DE CIRCO (TARDE ÁS 19:30)
DOMINGO: ESPECTÁCULO A LUZ DA LÚA (TARDE ÁS 19:30)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *