A alcaldesa entregoulle á directiva da entidade promotora da iniciativa o certificado no que se recolle o acordo plenario coa solicitude á Xunta de Galicia de dotar á festa deste distintivo
A alcaldesa, María Ramallo, recibiu esta mañá no Concello á directiva do Ateneo Santa Cecilia para entregarlles o certificado do acordo plenario polo que se solicitará á Xunta a declaración do noso Enterro da Sardiña como Festa de Interese Turística de Galicia.
A Lei de Turismo de Galicia é que se encarga de dar luz verde a estas declaracións, en función de, entre outros, a antigüidade, a singularidade e o arraigo que a festa ten na veciñanza do lugar, así como todas as actividades promocionais que se organizan en torno a ela.
Desde o Concello “entendemos que o Enterro da Sardiña de Marín, organizado polo Ateneo Santa Cecilia, reúne as condición establecidas no Decreto autonómico para a súa declaración como tal e por iso aprobamos no Pleno por unanimidade que se solicite a súa declaración como Festa de Interese Turístico. Debemos poñer o noso Enterro no mapa e darlle o valor e o recoñecemento que merece”, declarou a alcaldesa.
De xeito concreto, a festa ten que ter máis de 20 anos, celebrándose periódicamente e en datas fácilmente determinables. Debe conter aspectos orixinais e de calidade que as singularicen respeto a outras similares que poidan ter lugar noutras localidades. Debe tamén contar cun carácter participativo da poboación local.