A concelleira Itziar Álvarez segue a visitar ás asociacións que forman parte do tecido social marinense e que utilizan os locais municipais para desenvolver as súas actividades. Neste caso, Álvarez visitou á asociación de Consumidores e Iniciativa Social Amas de Casa, que se ubica no local da Rúa Méndez Núñez.
Cursos de corte e confección, pintura, bordado, calceta, traballo de coiro… son algunhas das actividades que se levan a cabo en horario de mañá e de tarde. Tal e como lle trasladaba á edil a presidenta da asociación, Otilia Novegil, as participantes nestas actividades, todas mulleres, “tiñan moitas ganas de recuperar a normalidade, xa que para elas é dunha gran importancia manterse activas”.
Durante a visita, que coincidiu co curso de coiro, as membros da asociación tamén lle mostraron o resultado doutras actividades.