El gobierno local de Moaña valora «moi positivamente a gran afluencia de veciños e veciñas» á reunión mantida est a tarde no centro cultural de Berducedo para informar aos veciños dos pasos que se están a dar para a mellora da estrada provincial dende a subida de As Pagonas ata a Capela dos Milagres. «Unha obra que suscita moito interese no barrio ao tratarse dunha demanda histórica da veciñanza de Berducedo e O Piñeiro», manifesta a edil Marte Freire, que agradece en nome do goberno «a colaboración da Asociación Veciñal para sacar adiante este asunto».
Na reunión explicouse que a mellora do vial pasa por conseguir as cesións necesarias. Son en total 180 cesións, 92 pola marxen esquerda e 88 pola marxen dereita, acordes ao establecido no Plan Xeral. Cada veciño o veciña disporá dunha ficha de cesión na que se incluirán os datos catastrais da parcela, os metros a ceder e os bens afectados. Tamén se detallarán os bens ou servizos a repoñer durante a execución da obra.
«A obra será unha oportunidade para a veciñanza e para o barrio. A reconversión da actual estrada nunha rúa humanizada suporá unha mellora da seguridade viaria e da accesibilidade, a posta en valor do espazo público», explicaron Freire, a alcaldesa Leticia Santos e os concelleiros Odilo Barreiro e Rodrigo Currás. Por parte da AAVV de Berducedo estivo a súa presidenta, Vanesa Ríos.
Unha vez que o Concello dispoña das cesións o Concello solicitará á Deputación a redacción do proxecto, o cal será participado coa veciñanza para garantizar que da resposta as súas necesidades
As personas que se encargarán de informar aos veciños e veciñas de forma individualizada serán a propia Asociación de Veciños e o concelleiro de Mobilidade, Rodrigo Currás.