Os familiares das 21 vítimas do Villa de Pitanxo, 12 deles aínda en paradoiro descoñecido, móstranse «aliviados» porque a Audiencia Nacional tomou medidas contra o patrón do pesqueiro, Juan Padín, retirándolle o pasaporte. Tamén terá obrigación de asinar os día 1 e 15 de cada mes, o que fai pensar ás vítimas que «existen feitos delituosos».
De feito, a Audiencia percibiu indicios de 21 homicidios imprudentes, motivo polo que o cangués foi chamado a declarar o pasado 31 de maio en calidade de imputado. Este veciño da parroquia de Darbo, en Cangas, foi un dos tres sobreviventes no naufraxio xunto ao seu sobriño, Eduardo Rial, e o ganés Samuel Kwesi, que declararon como testemuñas.
Las familias informan de que Padín solo respondeu ás preguntas dos seus abogados e do fiscal pero negouse a contestar ás do letrado das víctimas.
Esta decisión do titular do Xulgado Central de Instrución Número 2, Ismael Moreno, prohibe a Padín, que declarou en calidade de imputado, poder embarcar de novo noutro pesqueiro, como reclamaron as familias ao decatarse da intención do patrón de volver saír ao mar. Todas elas presentaron tamén unha querela contra el, o seu sobriño e a armadora, Pesqueiras Nores.
Polo momento non hai datada ningunha nova vista ou declaración.