O half da Praza de España retirouse de xeito previo para poder aproveitar o espazo para instalar as atraccións das festas, pero xa coa vista posta en agosto, cando comezarán as obras do Centro Socio Cultural
O Concello de Marín retirou estes días da Praza de España o half dado que a partir de agosto arrancarán as obras do futuro Centro Socio Cultural. A súa retirada anticipouse ás festas do Carme para así poder instalar nese espazo as atraccións.
“Entendemos que é unha infraestrutura moi utilizada pola xente moza e por iso apostamos por ela, pero a existente xa estaba deteriorada e nun espazo que agora vai ser reordenado”, explican fontes municipais, que aseguran que se potenciará o uso do skatepark do Parque Azul.
“Alí poderán seguir facendo skate no tempo que duren as obras do Auditorio”, detallan fontes municipais, que lembran as malas condicións nas que xa se atopaban os elementos do half da Praza de España polo seu uso intensivo.
O Concello explica que posteriormente analizarase a posibilidade de instalar un novo half cande sexan analizadas as obras do Auditorio.