O Concello de Moaña organiza, en paralelo co Festival Intercéltico previsto para os días 29, 30 e 31 de xullo, a primeira Mostra de Artesanía e Cultura Tradicional -AMOA-. Trátase dunha iniciativa que reunirá a todos os grupos folclóricos do municipio e a que participarán unha trintena de caseta de artesanía e comida na contorna do palco da música.
A primeira actividade será o obradoiro de baile galego da man de Manolo Cobas o venres 29 ás 20:30 horas. Danzas do Mundo, con Suso Cancelas, ten cita o sábado ás 19:30 horas tamén cun formativo e unha hora máis tarde subiranse subirse ao escenario co grupo Aboal, que ven de presentar recentemente “Posotopía”, o seu segundo disco.
O domingo, ás 19:30 horas, desfile dos grupos moañeses pola rúa Concepción Arenal e posterior actuación folclórica.
AMOA está organizada pola Asociación Moaña Antiqua e o Concello de Moaña.