Domaio estrea praza. Os veciños quixeron homenaxear e manter o recordo vivo do que fose promotor do primeiro centro educativo da parroquia, coñecido como Escola Vella, Juan Antonio Rosales. Grazas a este home os nenos de Domaio puideron ter un espazo para aprender dende primeiros do século XIX. Aínda que emigrou a Guatemala, no seu testamento deixou patente que se destinasen dous mil pesos a crear esta escola e a dotala de profesorado.
A praza que desde hoxe leva o seu nome foi recuperada polos alumnos do Padroado de Beiramar. Hoxe, aproveitando a festividade de San Benito, goberno local, PP e representantes veciñais estiveron presentes na inauguración, que contou coa participación da Banda de Música.
A Escola Vella, situada a poucos metros da praza, atópase actualmente en ruínas.