Goberno local e oposición de Marín rexeitaron hoxe o terrorismo que acabou coa vida do concelleiro do PP, Miguel Ángel Blanco, tras ser secuestrado e despois asasinado por ETA hai hoxe 25 anos. O acto terminou cun aplauso en recordo e homenaxe ao edil que perdeu a vida por loitar pola liberdade do País Vasco.