Chámase Jesús Fernández Núñez, ten 77 anos e é veciño de Bueu. Aínda que está xubilado, non para nin un só día. A súa paixón polos animais e o campo lévanlle diariamente á súa leira na que todo ten un tamaño extra. Está moi orgulloso porque as cabazas que sementou en abril miden case dous metros «e iso que só as rega por goteo e con abono natural», explica satisfeito.
Pero non só a terra dá produtos XXL, as súas galiñas «tampouco son normais». Asegura que os brancos son pitos de Xersei, unha raza de tamaño grande desenvolvida nos Estados Unidos a finais do século XIX. As galiñas negras son Araucanas e as marróns de Mos. Por tanto, deste budetense pódese dicir que o seu non son as fronteiras e que sempre aposta polo tamaño.