O helicóptero esta mañá en Bueu.

Un helicóptero do 061 aterrou no campo de fútbol das Lagoas pero finalmente foi trasladado a Povisa en ambulancia

Un home de 44 anos que traballaba no mantemento dun buque no porto de Bueu tivo que ser trasladado de urxencia esta mañá tras sufrir un accidente laboral e queimarlle a cara, os brazos e as pernas.

Segundo informaron fontes oficiais, nun primeiro momento e ante a gravidade ía ser trasladado nun helicóptero do 061 ao hospital pero finalmente foi evacuado en ambulancia a Povisa, en Vigo. De feito, o helicóptero aterrou no campo de fútbol das Lagoas pero pouco despois saíu baleiro.

En principio, o ferido é un veciño de Portonovo, en Sanxenxo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *