A alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Igualdade e Benestar Social, Marián Sanmartín, achegáronse á clausura dun curso de defensa persoal para mulleres que se impartiu no Gimnasio MATs, en colaboración co Concello de Marín. A rexedora e a edil puideron coñecer á instructora, Rebeca González Sanmamed, e conversar coas participantes.