Edificio do Concello de Marín.

A cidadanía de Marín ten desde hoxe á súa disposición unha web municipal nova: máis moderna, actualizada e intuitiva, que lle permita aos veciños e veciñas estar ao día de todas as novas municipais e da información de servizo de Marín. O novo portal, que segue a liña estética da nova identidade corporativa do Concello, pretende ser “un espazo no que a veciñanza atope todo o que precisa dun xeito sinxelo, accesible para todos e con facilidade, claridade e transparencia”.

A estrutura da web ideouse dun xeito sinxelo e limpo, tendo catro opcións no seu menú superior: Novas do Concello, Goberno, Participación e Áreas. Na Home da propia web, atópase unha botoneira que aparece xa ao inicio na que se integraron os accesos directos máis relevantes da tramitación burocrática online: sede electrónica, cita previa, pago de recibos e impresos e normativas.

A partir de ahí, cunha estrutura de banners xeométricos, o usuario da web pode ir accedendo a contido municipal relevante: a estratexia futura de Marín, a Axenda Urbana, a Axenda Cultural e de Ocio, o contacto… E despois, desglósanse todas as áreas de actuación municipais: urbanismo, medio ambiente, benestar social, igualdade, educación, festas, cultura e patrimonio, mobilidade, economía local, medio rural, deportes e turismo.

O obxectivo, tal e como se pode ler no discurso da alcaldesa, é “ser de utilidade para a cidadanía, aportando información relevante nunha web que é de e para todos e todas”.


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *