A dixitalización e a ruptura da fenda de xénero é un dos eixos nos que se apuntala o programa Galegas Dixitais, que volverá nunha segunda edición á Aula CeMit da Biblioteca Municipal. Está dirixido a mulleres de Marín e contará con dous grupos.
Un deles será polas tardes e comezará o 12 de abril e durará ata o 26 de maio, de 16.00 a 21.00 horas, mentres que o outro, que será de mañá, arrancará o 17 de abril ata o 30 de maio, de 09.00 a 14.00 horas.
O programa ofrece un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende un nivel básico ata un máis avanzado, de 40 horas cada módulo. Ademais, inclúese un módulo transversal sobre igualdade de oportunidades.
Coa realización completa da formación, as participantes recibirán un título oficial acreditativo, emitido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia. Ademais, as alumnas serán obsequiadas cun ordenador portátil Chromebook, que xa será foi entregado ao inicio da formación para que o utilicen na mesma.
Para máis información e inscricións: galegasdixitais.es ou a través do teléfono 604039575.