Pousos da Area presenta unha nova exposición de traxes tradicionais no museo Manuel
Torres, en colaboración co Concello de Marín. A mostra consta de pezas antigas ou
reproducidas fielmente a partir de patróns orixinais e empregando os mesmos tecidos e
feituras que se empregaban na época.
Deste xeito, mergullarán nunha viaxe que permitirá coñecer as diferencias xeográficas e de uso dos diferentes traxes que vestía a sociedade galega tradicional do século XIX. Poderanse ver traxes de diferentes rexións, coma Muros, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Chantada, Ourense, entre outros, así coma de diferentes estratos sociais, traxes de decotío, os domingueiros, ou os de garda.
Esta selección de vestimenta pertence aos fondos da colección de roupa tradicional que atesoura Pousos da Area e que é froito do traballo de recompilación, análise, estudo e recuperación levado a cabo pola asociación.