Mesma hora, as 11 da mañá, e mesmo lugar, a Cámara Agraria. A comisión negociadora do pacto de goberno que xestionará o Concello de Cangas o próximos catro anos mantiveron unha nova reunión para «avanzar nas negociacións dacordo con calendario plantexado inicialmente». Así o explican nun breve comunicado conxunto enviado aos medios de comunicación hai apenas uns minutos.
Con poucas novidades sobre este avance das conversas, insisten en que «as catro formacións de esquerdas implicadas teñen vontade de impulsar un goberno estable» e para iso debatironse «as liñas básicas de traballo no que atopar un acordo entre todas as candidaturas, entre cuestións como orzamentos, PXOM, compromiso coa sanidade pública ou a reivindicación do espazo público para os peóns».
Do mesmo xeito emprazáronse para seguir negociando celebrando a próxima reunión o próximo venres pola tarde, onde iránse abordando estructura orgánica e funcionamento do goberno, entre outras cousas.