A Xunta pon en marcha esta campaña de concienciación para aforrar auga
Esta época do ano supón para a poboación un maior consumo de auga debido ás elevadas temperaturas propias desta estación.
Pequenos xestos no uso cotián dos electrodomésticos poden supoñer aforros no consumo de máis do 60%. O uso de cuncos, a desconxelación a temperatura ambiente, pechar as billas mentres se está coas tarefas da cociña ou a hixiene persoal tamén contribúen ao aforro. Así mesmo, sábese que a xardinería e a absorción da auga polas plantas mellora ao amencer ou á noite. Nos atomizadores pódese regular o chorro para utilizar unha menor cantidade de auga, mentres que as billas monomando sempre evitan o goteo.
En Galicia nunca sobra auga, a pesar do tópico da choiva no noso territorio, polo que é vital que a cidadanía administre con moito senso a auga cuxo consumo é unha preocupación xeneralizada.