Alternativa dos Veciños (AV), el partido que lidera la ex alcaldesa Victoria Portas expresa por primera vez su posición sobre la composición de la corporación municipal de Cangas de cara al pleno de mañana en el que el gobierno prevé aprobar las liberaciones y los sueldos. Lo ha hecho a través de un comunicado enviado a los medios de comunicación en el que hacen una cronología de lo ocurrido desde que la nacionalista Araceli Gestido tomara posesión de su cargo como alcaldesa de Cangas el pasado 17 de junio.
«Desde o día 16 de xuño do 2023 Alternativa dos Veciños non recibiu nin unha chamada do novo goberno municipal de Cangas para convocar novamente a mesa de negociación nin para falar sobre ningún outro tema. Tras recibir a notificación para o Pleno do día 10.07.2023 Alternativa dos Veciños encóntrase cun intento do novo Goberno de coartar o noso dereito de participación na vida política local, suprimindo a Portavocía de Alternativa dos Veciños e impedindo a asistencia ás Comisións Informativas«, acusan desde AV, recordando que «o Concello de Cangas nunca puxo trabas a partidos cun único/a representante para expresarse nestas comisións e coñecer a documentación dos asuntos a tratar no pleno«.
“Por tanto, a primeira acción política deste novo goberno é romper unha tradición que facilita a participación, a transparencia e a democracia”, apuntan desde Alternativa dos Veciños, formación á que lle parece «inverosímil» que se pretenda “coartar a nosa liberdade de expresión e eliminar o noso dereito a voz e a voto”.
Alternativa dos Veciños xa presentou por Rexistro a súa desconformidade co acordo e advirte que reclamará o seu dereito á participación nas comisións, “exactamente igual que o resto de grupos políticos, sen prexuízo de que se poidan establecer fórmulas de voto ponderado en relación coa representación de cada grupo no Pleno”.
A formación política liderada por Portas considera que «non ter acceso á información nas comisións informativas limita a súa labor de oposición ao non ter acceso á documentación relativa aos asuntos a abordar en cada sesión plenaria«.
«Resulta totalmente inaudito que un goberno en coalición que se auto-define de esquerdas e progresista aplique un rodillo máis propio da dereita máis rancia para calar a unha formación política, cernando os seus dereitos democráticos e demostrando o seu nulo talante negociador«, valora. Alternativa dos Veciños advirte ao equipo liderado por Araceli Gestido que «non vai permitir que instauren unha imposición no Concello por moito que a disfracen de progresista».
Poñen sobre a mesa que “Alternativa dos Veciños, herdeira de Alternativa Canguesa de Esquerdas, foi de sempre garante dun proxecto de progreso e de avance para Cangas baseado en políticas sociais e humanitarias moi por riba de personalismos anacrónicos”. Por iso, esta formación política asegura que «defende o seu dereito a ser a voz das 863 persoas que o pasado 28 de maio depositaron a súa confianza en AV “e non nos vai calar ningún tipo de Goberno”.