Sete nenos e nenas saharauis que pasarán o verán con familias da vila de Marín foron recibidos esta mañá no Concello pola concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, quen se interesou pola implicación por todo o proceso de acollemento. Así como polo interese dos recén chegados, aos que se lles deu un pequeno obsequio e un vale de 30 euros para gastar na papelería DCores.