Luis López cos vicepresidentes na rolda de prensa desta mañá na sede da Deputación.

“Trátase de expoñer, con transparencia e sen valoracións a priori, os recursos dos que dispoñemos para atender ás necesidades dos municipios e, por extensión, dos cidadáns de Pontevedra”, así explicou o presidente da Deputación de Pontevedra, o popular Luís López, a decisión tomada na primeira xunta de Goberno de abrir unha «avaliación interna» das contas do ente provincial para coñecer como as deixou o bipartito PSdeG-BNG e saber a «marxe de manobra» do que dispoñen ao longo deste ano.

“Creo que os cidadáns de Pontevedra merecen saber os recursos que se investiron e o
marxe de manobra do que dispoñemos para executar actuacións ata a aprobación do
vindeiro orzamento», engadeu.

López compareceu acompañado polos vicepresidentes Marta Fernández-Tapias e Rafael Domínguez, e comprometeuse a dar conta do estado actual destas partidas unha vez sexan analizadas “polo miúdo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *