A Policía Local de Moaña detectou na madrugada do venres ao sábado a dous condutores que deron positivo en alcoholemia. A ambos se lle impuxo unha denuncia administrativa. Como consecuencia, a un sancionóuselle con 500 euros e a perda de 4 puntos e, ao outro, con 1000 euros e seis puntos.
A Policía Local de Moaña mantén unha campaña de control de alcol e drogas que se incrementa as fins de semana coa intención de retirar da estrada a aqueles condutores que se atopen ao volante baixo os efectos do alcol e as drogas.