Como xa é tradicional, haberá ofrenda floral no Cemiterio deSantomé e unha homenaxe na Alameda á figura de John Balan
A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, presentou hoxe xunto a Dibay Eventos unha nova edición do festival de música polas rúas e prazas da nosa vila Son de Marín, unha cita que sempre ten como punto de referencia a figura de John Balan, músico e lenda imprescindible de Marín.
Este ano, Son de Marín celebrarse o venres 4 e o sábado 5 de agosto. O venres arrancará a programación ás 13.00 horas coa ofrenda floral no Cemiterio de Santo Tomé de Piñeiro na memoria de John Balan, co acompañamento do grupo Os de Marín. Ás 21.00 horas, será o concerto Marín Canta, dos Saljariteir@s, na Alameda. Nel, haberá unha mención especial a José Ramón Pérez Gómez, Morgan, un dos nosos veciños que máis traballa día a día pola dinamización cultural e social de Marín.
Xa o sábado, a xornada arrancará a partir das 11.00 horas cos seguintes pasarrúas:
● Cantareir@s de Marín (Praza de Abastos – Doutor Touriño – Ejército y Marina – Rúa do Sol)
● Zumbi Kids (Praza de Abastos – Praza do Klee – Rúa do Sol – Alameda)
● Os de Marín (Praza de Abastos – Doutor Touriño – Rúa do Sol)
● Os Chaneiros (Ezequiel Massoni – Jaime Janer)
Acto seguido, comenzarán as seguintes actuacións en distintos puntos do centro urbano:
● 12.00 horas:
○ Fentos e Frouma, na Banda do Río (Underground)
○ Banda de Música de Marín, en Fondo do Saco
○ As Ferriñas, na Rúa Lameira (Cortijo)
○ Marín In Verso, na Praza do Reloxo
○ Grupo Rever, no Palco da Música da Alameda
● 12.30 horas:
○ Escola de Pandereteiras de Trompos Ós Pés, na Rúa Lameira (Cortijo)
● 13.00 horas:
○ Cuestión de tiempo (versións), na Praza 8 de Marzo
Ás 20.30 horas, realizarase na Alameda Rosalía de Castro unha homenaxe a John Balan presentada por Julio Santos Pena e tamén se realizará unha mención especial a Manuel Solla Freire, de Acemas.
Despois desta homenaxe, reactivaranse os concertos coa seguinte programación:
● 21.00 horas:
○ Antonio Peixoto y su armónica, en Méndez Núñez (Manhattan – Pato Donald)
● 21.30 horas:
○ Orquestra Cé Pantasma, na Alameda Rosalía de Castro
○ Take 3 (versións), na Rúa Serafín Tubío (As Vides)
○ Coral Lembranzas, en Méndez Núñez (Manhattan – Pato Donald)
○ Basti – Markii (música urbana), no Paseo Alcalde Blanco
● 22.00 horas:
○ Gaiteiro Moderno, en Ezequiel Massoni (esquina café O Rural – Nao)
● 22.30 horas:
○ Top Legends, na Rúa Estrada (Rincón de Juancito)
○ Mister Mago (versións), en Méndez Núñez (detrás do Concello)
○ Ale & Marcos (versións), na Rúa Real
● 23.00 horas:
○ Candela&Friends (versións), na Rúa Real
○ Ricardo Parada, na Alameda Rosalía de Castro
● 00.00 horas:
○ Fin de Festival DJ, na Alameda Rosalía de Castro