O goberno local votando a favor da adxudicación.

A construción do Centro Socio Cultural está a avanzar segundo o previsto, cumprindo prazos e tendo xa rematada a cimentación. Así o avanzou esta mañá o Goberno local, que plantexa a realización dunha visita técnica ee obra para a Corporación e o corpo técnico, “co obxectivo de que todos coñezamos como avanza esta infraestrutura, vital para o noso municipio”.

En canto á tramitación administrativa, o Goberno local levou este xoves ao Pleno a modificación do orzamento total, resultante do proxecto modificado que presentou a empresa debido a uns cambios que foi preciso aplicar nas técnicas de cimentación do edificio por aparición dunha antiga escollera que non aparecera nos traballos técnicos xeotécnicos previos.

Este proxecto modificado foi presentado en agosto no Concello e agora está pendente da autorización da Autoridade Portuaria. Así a todo, non afectou de ningunha forma, tal e como se explica ao inicio desta nota, ao prazo de execución do proxecto.

O que se aprobou hoxe no Pleno, por tanto, foi iniciar o expediente de contratación para un préstamo que permita ao Concello cubrir a aportación municipal que lle corresponde da obra, cuxa partida total, con todas as confinanciacións, finalmente queda da seguinte maneira:


● FEDER (Marín Dusi): 1.427.653,88 euros
● Xunta de Galicia: 2.500.000 euros
● Aportación municipal: 1.872.554,76 euros


Tal e como explicou o delegado de Urbanismo e Facenda, Manuel Santos, “estamos a ser capaces, nun momento de extraordinaria complexidade para as obras pola inflación e a crise de suministros, de sacar adiante esta infraestrutura, aportando só das arcas públicas de Marín pouco máis do 32% do orzamento total”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *