Aínda que xa moitos veciños e deportistas utilízana, a senda peonil que conecta as parroquias moañesas de Domaio e Meira pola PO-551 non estará totalmente acabada ata o mes de novembro. Xa hai tramos que son transitables pero aos que aínda lles faltan medidas de seguridade como varandas e gardarraíles. Outros, pero que apenas superan en total o quilómetro, están a executarse aínda, aínda que, e se as condicións climatolóxicas así o permiten prevese que cheguen ao seu fin bastante antes de que acabe este ano 2023.
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou esta mañá as obras, acompañada da xefa territorial da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e do portavoz do PP local, Javier Carro, que acudiu xunto ao edil Ezequiel Fernández, impulsor desta senda cando foi concelleiro fai cinco anos e que foi continuada polos posteriores gobernos locais.
Esta plataforma supuxo un investimento de 1,8 millóns de euros e conta cunha lonxitude de 1,7 quilómetros, conectando así a área recreativa da Cerradiña coa zona da Bona. Toda ela discorre pola marxe dereita da estrada.
A lonxitude da senda se ampliou respecto ao previsto inicialmente. Esta actuación está recollida no Plan de sendas da comarca do Morrazo, que a Xunta está a desenvolver nos distintos concellos e que prevé a construción de máis de 8 km de sendas seguras, sostibles e saudables, cun investimento autonómico superior aos 5 M€.
A esta visita non acudeu ninguén do Concello de Moaña.
A delegada, na zona do incendio
Ortiz, despois do incendio acontecido esta madrugada e que arrasou o restaurante A Bathìa situado no Porto Deportivo de Moaña, aproveitou a visita ao municipio para visitar o lugar e coñecer de primeira man o ocorrido.