A antiga conserveira de Massó de Cangas volve a ser pasto das lapas. Os Bombeiros do Morrazo traballaron no punto para atallar o lume que se propagaron no interior e que, por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do incendio ás 22:20 horas da noite, cando un particular informaba de que estaba a ver, desde o seu domicilio, lapas no interior da nave.
Nese momento, os xestores de emerxencias puxeron en marcha un operativo formado polos Bombeiros do Morrazo, a Garda Civil, a Policía Local e os membros de Protección Civil. Ademais, foron alertados por se fose necesaria a súa intervención os Bombeiros de Vigo.
Con todo, unha vez rematadas as tarefas de extinción e arrefriada a zona, os Bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que o lume xa estaba totalmente extinguido, e que ardera material que había dentro da nave, maioritariamente cartón, palés e material náutico.