Este ciclo, organizado polo Concello en colaboración coa Fundación Érguete, busca ser unha guía educativa para as familias sobre situacións relacionadas coas adiccións que poden afectar aos seus fillos e fillas
A educación na infancia e na mocidade sempre é difícil e no mundo actual existen determinadas situacións e riscos que é preciso afrontar con ferramentas didácticas que axuden ás familias.
Por iso, o Concello quere poñer o seu grao de area, para o que se creou o ciclo de conferencias “Charlando en Familia”, organizadas xunto coa Fundación Érguete, que o próximo 23 de outubro terá a súa primeira entrega.
“Que debemos saber as familias sobre o alcohol?” é o título desta charla, na que se pretenderá enseñar aos pais e nais a convivir con esta substancia de tal forma que aos seus fillos e fillas non lles perxudique, ensinándolles a tomar decisións, a protexerse, a responder ante situacións de presión e risco con determinación, personalidade e criterio.
Terá lugar no Museo Municipal Manuel Torres ás 20.00 horas, igual ca o resto, para as que xa se ten data marcada.
Próximas charlas
“Establecemento de normas e límites” será a charla que se impartirá o 22 de febreiro, co obxectivo de falar desas limitacións que as familias deben poñerlle aos menores para que se enfronten ao mundo con seguridade e para que poidan establecer relacións sanas de convivencia social.
Finalmente, o 25 d abril teremos a charla “Adolescentes tecnolóxicamente sanos/as”. Sexting, grooming, ciberbullying, apostas… son termos que forman parte do día a día dos adolescentes e das familias, valorando sempre a tecnoloxía desde unha perspectiva negativa. O importante é educar no seu bo uso e manexo.