Poñer en valor ás persoas maiores mediante a interacción co alumnado dos centros educativos da comarca. Ese é o obxectivo do programa «Encontros de valor na escola» que desde hai xa algún tempo pon en marcha a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer do Morrazo, Afamo, e que no día de onte deu un novo paso en Moaña.
Cos maiores como protagonistas, pero coa implicación máxima dos menores e os centros como anfitrións, propoñen un calendario de visitas dos usuarios de Afamo aos diferentes colexios moañeses coa idea de achegar ao alumnado o valor das persoas maiores. Nela visitas os alumnos explicarán como é o seu cole, cales son as súas materias, falarán sobre os seus profesores e realizarán actividades lúdicas con eles. «A idea é que a todos os mozos quede ese recordo de que estiveron a traballar cos nosos maiores», explicou a Morrazo Noticias a psicóloga de Afamo, Martina Ferradás.
O ano pasado a iniciativa tivo moi boas resultados. Tanto é así que os centros participantes, o CEIP Plurilingüe Domaio e o CEIP Reibón, participaron na presentación que tivo lugar onte no Concello de Moaña. Alumnos que viviron a experiencia lembraron os bos momentos vividos e a riqueza persoal que supuxo compartir un día xunto aos maiores de Afamo.
Ademais destas visitas dos usuarios aos centros de Moaña, tamén se impartirán charlas participativasdo persoal de Afamo para explicar as características propias das persoas maiores, eliminar prexuízos o tratar sobre a importancia dos nosos avós. Se realizarán xogos para experimentar as dificultades das persoas maiores a través das sensacións, xogos populares, obradoiros de cociña, recuperación de tradicións e intercambio de experiencias signficativas.
Todas estas actividades están destinadas a desenvolver a capacidade de análise, reflexión, debate e desenvolvemento da empatía en torno ás persoas maiores.