The barnacle (Pollicipes pollicipes) is a cirriped crustacean of the family Pollicipedidae that grows on rocks beaten by the waves. It feeds by filtration, since, due to its lack of limbs, they remain immobile attached to the rocks throughout their adult life.

A Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas recibiu unha axuda da Consellería do Mar cuxo obxecto é a obtención dun produto alimentario tipo paté, a partir de fraccións de percebe con menor valorización comercial. Concretamente recóllese este outorgamento na Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo aprobada ao GALP Ría de Vigo-A Guarda, ao proxecto “PERCEVAL-valorización tecnolóxica de fracción morfolóxica de percebe con menor valorización comercial, mediante desenvolvemento preindustrial de produto alimentario mariño innovador”, de data 11 de xullo de 2026.

A axuda outorgada, por importe de 13.391,00 euros, concedeuse ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2026, tramitada como anticipada de gasto.

O proxecto, identificado co número de expediente PE155A-2026-00033, persegue o obxectivo específico de permitir unha economía azul sostible nas zonas costeiras insulares e interiores, e fomentar o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuícolas e a partir desta premisa o proxecto ten como finalidade o desenvolvemento tecnolóxico e a validación preindustrial dun produto alimentario transformado a partir de percebe procedente de fraccións morfolóxicas con menor valorización comercial en fresco, obtidas no marco de actuacións de ordenación do recurso contempladas nos plans de explotación aprobados pola administración competente.

A actuación deberá estar executada e xustificada antes do 20 de novembro de 2026, data límite establecida previa obtención da oportuna prórroga notificada o 18/09/2026 e resolta nesa mesma data.

Con esta iniciativa, a Confraría de Cangas continúa a mellorar os servizos prestados ao sector pesqueiro local, mediante medidas de redución das extraccións e aproveitamento dos seus recursos pesqueiros e marisqueiros, favorecendo a sostibilidade do medio mariño e na procura de mercados alternativos para a comercialización das súas capturas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *