Será inaugurada no Paseo da Alameda o vindeiro luns, 3 de agosto, ás 13.00 horas, e haberá réplicas nas luminarias de Domaio, San Bartolomeu e A Xunqueira
O Concello de Moaña inaugurará no Paseo da Alameda o vindeiro luns, 3 de agosto, a par res das 13.00 horas, a exposición fotográfica “Daquela non poderías” que recolle dis ntas ac vidades que as mulleres realizan na actualidade con total normalidade pero que estaban completamente vetadas para elas no tempo da ditadura franquista.
Co gallo do noventa aniversario do golpe de Estado desde o Centro de Información á Muller do municipio quixeron lembrar que os dereitos dos que tanto as moañesas como o resto das mulleres do país e do Estado gozan na actualidade foron conseguidos a través de avances polí cos e lexisla vos ob dos tras a morte do ditador, tras ser pelexados polo pobo na rúa. No caso dos dereitos das mulleres, polo movemento feminista. E con iso alertar, sobre todo á mocidade, de que os dereitos non son algo inherente ao ser humano senón o froito de conquistas sociais que se poden poñer en risco se se volve confiar en ideoloxías reaccionarias como a que protagonizou o golpe de Estado contra a lexi midade republicana en xullo de 1936.
Auspiciado pola edil de Muller, Patrimonio e Memoria Histórica, María Ortega, a mostra conta con instantáneas da fotógrafa Rosa González e lemas explica vos da xornalista Montse Fajardo. O equipo escolleu dis ntas situacións que directamente ña a muller prohibidas, como o acceso a certas profesións, e outras para as que precisaba permiso do home, como conducir ou gastar os seus cartos no que lle petase.
Ademais de colocalas no Paseo da Alameda, as imaxes da mostra terán réplicas nas luminarias doutros tres puntos do concello: A Xunqueira, Domaio e San Bartolomeu. Segundo reiteradas enquisas, cada vez é maior a porcentaxe da mocidade que ve con bos ollos a ditadura franquista, sendo especialmente alta no caso dos mozos. Por iso, explica a edil María Ortega, “queremos informarlles das consecuencias que podería ter para os dereitos, non só das mulleres senón da poboación en xeral e sobre todo dos colec vos máis vulnerábeis, a reedición de ideas reaccionarias. É importante que coñezan que po de sociedade están apoiando”. Entende que en moitos casos o devezo da ditadura dáse por descoñecemento da historia, “e iso non pasa só na mocidade”. Por iso, Moaña contará a par r do luns 3 de agosto cunha mostra que lle recordará todos os límites á liberdade que suporía unha ditadura similar á nacida a par r do golpe de Estado de hai noventa anos.
