Xuntanza na Alameda de Marín.

Hoxe estiveron no xa tradicional “salón” desta proba a alcaldesa, María Ramallo, e atleta que dá nome á carreira, Manuel Rosales, acompañados por Alberto Juzdado, Javier Gómez Noya, Griselda González e Carlos de la Torre.

O atletismo e a pasión polo running viven un momento de ouro en Marín. Esta tarde serviu como previa para a Carreira +10K Manuel Rosales que se celebrará mañá pola noite na Avenida de Ourense, con meta na Rúa Almuíña, e que bate todos os seus records de participación.

De novo, instalouse o xa tradicional “salón” da proba, no que estiveron a alcaldesa, María Ramallo, e representantes do Concello, xunto co veterano atleta ao que se lle adica a carreira, Manuel Rosales, e nomes destacadísimos do panorama
atlético estatal.

Entre eles, dous Premios Príncipe de Asturias dos Deportes: Alberto Juzdado, terceiro de Europa en Helsinki e Javier Gómez Noya, cinco veces campión mundial. Xunto a eles, tres olímpicos: Juan Carlos Higuero, Griselda González e Carlos de la Torre.

Todos eles padriños e madriñas dunha proba que como explica o organizador da mesma, Víctor Riobó, en apenas catro anos duplicou as súas cifras, situándose no seu récord de participación para mañá: en torno a 1.350 persoas.

Coma é habitual, arrancará no circuíto a carreira dos máis pequenos para despois iniciar ás 22.00 horas a proba de adultos, que este ano conta coa novidade do circuíto de 5k.

A alcaldesa destacou durante a presentación “o enorme seguemento que ten esta proba e en xeral todo o que ten que ver con running e onde Marín está a ser un referente. Cada vez vemos máis grupos de persoas, tanto da vila como de cidades cercanas, que aproveitan a nosa cidade e litoral para correr, adestrar… e iso nótase despois na participación nas probas deportivas. Non se me pode ocorrer unha mellor forma de promocionar e gozar de Marín”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *