Reunión coas forzas de seguridade para coordinar as Festas.

A alcaldesa, María Ramallo, mantivo un encontro de traballo cos responsables da Policía Local, Nacional e da Garda Civil para repasar todas as necesidades de cara ao verán, especialmente aos días de maior actividade

A alcaldesa, María Ramallo, mantivo esta mañá unha reunión de coordinación cos corpos de seguridade para definir o operativo especial das Festas do Carme, no que se abordaron as necesidades en materia de permisos, seguridade cidadá, mobilidade e organización dos principais eventos do programa festivo.

No encontro participaron representantes da Policía Local, Policía Nacional e Garda Civil, co obxectivo de garantir que todos os actos se desenvolvan con normalidade e coa máxima seguridade para veciñanza e visitantes.

Durante a reunión analizáronse especialmente aqueles momentos do programa que implican unha maior concentración de persoas, como a concentración moteira, as actuacións das orquestras e os grandes concertos, establecendo as medidas necesarias para a coordinación dos dispositivos preventivos e de emerxencia.

Revisáronse cuestións relacionadas coa seguridade cidadá, incluíndo a vixilancia nos puntos de maior concorrencia, o control da venda e consumo de alcohol, especialmente en días Outro dos puntos destacados da xuntanza foi a coordinación do operativo específico para os fogos de artificio, garantindo o cumprimento das medidas de seguridade establecidas, a correcta delimitación das zonas de protección e a actuación coordinada dos distintos servizos implicados.

A alcaldesa, María Ramallo, destacou a importancia deste traballo previo de planificación: “As Festas do Carme son un dos momentos máis importantes do ano para Marín e queremos que veciños e visitantes poidan desfrutar delas con tranquilidade. A coordinación entre todos os corpos de seguridade e os servizos municipais é fundamental para anticiparnos ás necesidades e ofrecer unhas festas seguras e ben organizadas”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *