A dársena portuaria ao carón do Paseo Alcalde Blanco é un lugar de memoria, desde o que a flota pesqueira feanaba e traballaba e, polo tanto, coa súa recuperación actual para a cidadanía, non podía faltar unha homenaxe a tantos homes e mulleres que fixeron do mar a súa profesión, o seu modo de vida e a súa identidade.
A empresa que está rematando os traballos de humanización da dársena comezou hoxe coa colocación da placa, cuio deseño foi consensuado coa Asociación Museo do Mar de Marín, que tamén estivo hoxe presente para valorar a ubicación máis idónea deste elemento tan significativo. Finalmente, o parterre axardinado central da zona será o lugar no que se colocará a placa, para que o propio mar e o ceo sirvan como telón de fondo perfecto á lenda que se pode ler e que é a seguinte:
“Na honra dos homes e mulleres que adicaron a súa vida ao mar. Dos que a sacrificaron lonxe do fogar. Das que cosían redes en terra, carrexaban nas lonxas e atendían dos fillos e fillas. Dos que deixaron a vida nos naufraxios. De todas as persoas que co seu traballo construíron o Marín que somos”.
A imaxe das barcas correspóndese cunha foto antiga, procedente dos arquivos museísticos do Museo do Mar.

