Acceso en madera á praia de Mogor.

A alcaldesa, María Ramallo, visitou os traballos xa rematados, que permitiron crear unha nova rampa accesible e reconstruír a escaleira de baixada ao areal

O Concello de Marín vén de finalizar as obras de mellora da accesibilidade na praia de Mogor, unha actuación que permitirá que este verán o areal sexa totalmente accesible para persoas con mobilidade reducida. A alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitou a zona para comprobar o resultado dos traballos, que se executaron na entrada situada xunto ao Centro de Interpretación de Petróglifos, un punto de acceso moi utilizado e que agora conta cunha solución adaptada ás necesidades de todas as persoas usuarias.

A actuación consistiu na creación dunha nova rampa accesible realizada en madeira sintética, un material resistente e axeitado para unha contorna marítima, que facilita a baixada ata a praia para persoas que utilizan cadeira de rodas ou que presentan dificultades de mobilidade. Ademais, tamén se procedeu á reconstrución da escaleira de acceso, mellorando as condicións de seguridade,
comodidade e integración do conxunto e colocando unha nova barandilla deaceiro inox.

Deste xeito, esta vía de entrada ao areal queda adaptada ao 100%, eliminando barreiras arquitectónicas e garantindo que a praia poida ser desfrutada por toda a veciñanza e visitantes en igualdade de condicións. As obras foron realizadas pola empresa ROCAS por un importe superior aos 100.000 euros e contaron con financiamento do Grupo de Acción Pesqueiro Local da Ría de Pontevedra, reforzando o compromiso coa mellora das infraestruturas vinculadas ao litoral e ao benestar da cidadanía.

Con esta intervención, o Concello de Marín continúa avanzando na adaptación dos seus espazos públicos para facer un municipio máis inclusivo, cómodo e aberto para todas as persoas, especialmente no litoral.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *