Reasfaltado do vial onte.

A empresa Fechi realizou onte, entre as 07.00 e as 10.00 horas, o reasfaltado dalgunhas zonas que non quedaron correctamente rematadas cando se realizou a humanización desta arteria principal da nosa vila, ancheando a beirarrúa anexa aos edificios e mellorando enormemente a entrada a Marín. O reasfaltado foi realizado polo Goberno central, responsable dese proxecto, e xa quedou finalizado ao longo da mañá.

A rotonda será verde a partir da próxima semana

Por outro lado, o Concello está acometendo con fondos propios o remate e a ornamentación da nova rotonda da Avenida de Ourense, fronte a Nodosa. Despois de que colocase a pedra que recrece a superficie e se instalase o rego, xa se depositou no centro do elemento a terra que servirá de sustrato para as plantas que embelecerán a glorieta e que se plantarán a próxima semana.

A Xunta reasfaltará Rúa da Ponte

Por outro lado, a Xunta de Galicia tamén reasfaltará a Rúa da Ponte, despois dos desperfectos que quedaron no pavimento tras a mala execución da empresa Oresa, coa que se rescindiron todos os contratos dada a súa situación mercantil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *