Revelan que este servizo carece de cobertura contractual desde o pasado setembro e dita situación e o pago das facturas mensuais vén de ser censurada por un informe “demoledor” da Intervención Municipal

O grupo municipal do PP de Bueu vén de denunciar a existencia de iregularidades moi graves na prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) por parte do Concello por carecer de contrato vixente desde hai case nove meses, polo que lle esixe ao goberno de Félix Juncal que proceda á inmediata regularización e volta á legalidade do mesmo coa licitación dun novo contrato.

Neste senso, os populares revelaron que este servizo carece de cobertura contractual desde o pasado mes de setembro, que foi cando venceu o mesmo sen que se tramitase un novo expediente de contratación nin se adoptase ningún acordo que ampare xuridicamente a continuidade do SAF.

Ao respecto, engadiron que o informe da Intervención Municipal é “demoledor”, posto que sinala especificamente que non se pode recoñecer as obrigas destes traballo nin tramitar os pagos das facturas do SAF, que a prestación estase a realizar en precario mediante a presentación mensual de facturas por parte da empresa provedora, que se incumpre o réxime de control interno económico do Concello de Bueu por falta de tramitación, aprobación do gasto e fiscalización e que se está a vulnerar a Ley de Contratos do Sector Público, posto que estas condicións equivalen a un contrato verbal ou tácito, que é unha figura expresamente prohibida pola normativa.

Ante esta situación, a voceira municipal do PP, Elena Estévez, lamentou que o executivo nacionalista recurrise a excusas en vez de poñerse a traballar para licitar un novo contrato, xa que a situación actual de incerteza prexudica ao servizo por estar inmerso nunha anomalía administrativa, e engadíu que as xustificacións manifestadas pola edil de Benestar Social, Laura Ogando, de que é un servizo básico que responde a unha necesidade real “son compartidas por todos, pero non exclúen nin amparan en ningún caso a total deixadez do goberno local para non impulsar un novo contrato nin tampouco serven para perdoa o incumprimento flagrante e absoluto da lei”.

“O goberno do BNG leva moitos meses prestando o servizo máis sensible do Concello de xeito ilegal, deixando ao SAF nin situación administrativa de provisionalidade totalmente impropia, posto que préstano prescindindo do procedemento legal e ademais, como advirte Intervención, non se trata dunha omisión illada, senón que é estrutural”, manifestou Estévez que, ao igual que este departamento municipal, esixe a súa regularización inmediata para evitar prexuízos aos usuarios, á empresa concesionaria ou ás súas traballadoras.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *