Edificio del concello de Vilaboa.

O CRA de Vilaboa despedíu estes días ao seu profesorado en prácticas, tres mestras que escolleron este centro pola súa reputación, polas referencias recibidas e pola calidade educativa que o caracteriza. Unha elección que, como elas mesmas recoñeceron, non foi casual: o CRA é un espazo vivo, innovador e
profundamente humano, onde a educación se constrúe desde a proximidade, o respecto e a creatividade.

As mestras Xelo Teijido Teijido, natural de Guitiriz e estudante da UVigo; Araceli Carbonell de los Ríos, natural de Córdoba e alumna da Universidad Loyola Andalucía; e Yolanda Aribú Pedreira, nacida en Cuba e residente en Moaña, tamén da UVigo, completaron aquí unha etapa formativa que describen como “intensa, inspiradora e chea de aprendizaxes reais”.

Durante estes meses compartiron aulas, proxectos e vida co alumnado das cinco escolas do CRA, coñecendo de primeira man un modelo educativo que aposta polo acompañamento individual, a participación das familias e o vínculo coa comunidade. Levan con elas a experiencia dun centro que educa desde o afecto e a profesionalidade, e que deixa pegada.

Desde o Concello de Vilaboa e desde o propio CRA agradécese o seu compromiso, a súa implicación e a súa mirada fresca, que sempre suma. As portas quedan abertas para futuras colaboracións e para que esta etapa sexa só o inicio dun camiño profesional cheo de éxitos. Así llo trasladou a directora do CRA Conchita Pérez e o alcalde de Vilaboa, César Poza, na recepción ofrecida na sede do Centro Rural Agrupado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *