O campo da festa de Figueirido acollerá este domingo a IV Comida de Confraternidade organizada na parroquia pola Comunidade de Montes e a Asociación de Veciños San Andrés, coa colaboración do Concello.

O xantar e a animación musical, a cargo do trío Armonía, son a escusa das entidades organizadoras para celebrar cada ano un encontro que busca favorecer a convivencia entre a veciñanza de Figueirido, un obxectivo que tamén se reforza co recoñecemento a unha persoa que destaque pola súa achega vital ou social á comunidade.

O nome da persoa galardoada este ano será desvelado antes do xantar, ás 14.00 horas, momento no que a organización lle fará entrega dun agasallo. O pasado ano o recoñecemento recaeu en José Acuña, pola súa contribución ao desenvolvemento da parroquia, e na edición de 2024 na persoa máis lonxeva de Figueirido, José Portela Canosa, que xa cumprira cen anos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *