Los vecinos preparados para ayudar en la extinción del incendio el verano pasado.

O goberno local reforza a vixilancia e o control da xestión da biomasa

O goberno local de Vilaboa sitúa a prevención dos incendios forestais como unha das súas máximas prioridades para este ano. Neste contexto, o departamento de Medio Ambiente intensificará a súa labor de vixilancia e control para garantir o cumprimento estrito da normativa autonómica en materia de xestión da biomasa.

Coa chegada da época de maior risco de incendios, o Concello lembra á veciñanza que é obrigatorio manter as propiedades en condicións axeitadas de seguridade, salubridade e ornato público. A correcta xestión da vexetación é esencial para evitar situacións que poidan favorecer a aparición e propagación do lume.

De acordo coa normativa autonómica vixente (Lei 3/2007, do 9 de abril), tanto as persoas propietarias como as administracións e entidades responsables de infraestruturas deben realizar a xestión da biomasa forestal nunha franxa mínima de 50 metros arredor do solo urbano, dos núcleos rurais e urbanizables. Esta obriga tamén se aplica ao redor de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, vertedoiros, estacións de servizo, parques e instalacións industriais situadas a menos de 400 metros de terreos forestais.

Nas franxas de protección de 50 metros non poderá existir maleza —xestas, fentos, silvas ou toxos— nin especies arbófitas pirófitas, como piñeiros, mimosas, acacias ou eucaliptos.

O prazo límite para realizar estes traballos de limpeza e xestión da biomasa remata o 31 de maio de 2026.

O Servizo Municipal de Medio Ambiente supervisará o cumprimento destas obrigas e, unha vez superada a data límite, no caso de detectarse incumprimentos, iniciaranse os correspondentes procedementos administrativos, que poden incluír ordes de execución e sancións.

O Concello de Vilaboa fai un chamamento á colaboración cidadá para garantir a seguridade da veciñanza e a protección do territorio, lembrando que a prevención e a responsabilidade compartida son as ferramentas máis eficaces fronte aos incendios forestais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *