É un dos viais que forman parte do Plan de Pavimentación de Camiños Rurais 2025, financiado con cargo ao Plan Máis Provincia e que supón unha inversión total de 356.500 euros
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitou recentemente xunto aos concelleiros Pablo Novas e Manuel Santos; a asociación de veciños Monte Castelo e a Comunidade de Montes de Ardán o camiño de Moledo que acab de mellorarse.
O vial formou parte do Plan de Pavimentación de Camiños Rurais 2025 e que ten por obxectivo mellorar as insfraestruturas viarias e de comunicación das parroquias.
Trátase dun camiño que une os núcleos de Casás, Teoira, Moledo e Loira. Atopábase nun estado moi precario e nos que os muros de sostemento eran moi antigos e tiñan perigo de derrubamento. Por iso, construíronse novos muros e puido ampliarse o vial grazas ás cesións da veciñanza propietaria das fincas. A maiores, renovouse toda a capa de asfaltado.
En total, neste camiño investíronse en torno a 35.000 euros, que forman parte dunha inversión total de 356.487 euros coa que se financian os outros sete camiños que tamén forman parte deste plan. “Queremos facer un agradecemento expreso aos veciños que fixeron cesións porque grazas a iso, conseguimos eliminar os tramos máis estreitos de todo o camiño, facilitando o tráfico rodado e os servizos”, declarou a rexedora.

