O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín, pertencente á Rede de Centros de Maiores da Xunta
de Galicia, realizará o vindeiro xoves 16 de abril unha xornada de portas abertas en horario de mañá e
tarde, dende as 11:00h ata as 13:00h, e tamén dende as 16:00h ata as 19:00h.

O obxetivo é ofrecer unha xornada onde presentar e achegar o centro á comunidade e os servizos que
nel desenvolven. Realizarase un percorrido polo centro, acompañado dunha presentación do servizo e
todos aqueles datos relevantes para as persoas interesadas nel.

A dirección das instalacións é Rúa Alcalde Ezequiel Massoni 7, 1o (Marín). O teléfono de contacto é: 636 578 034. E aconsellable chamar ou mandar unha mensaxe para confirmar asistencia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *