Concelleira y comparsas en la presentación do Entroido de San Xulián.

A programación do entroido marinense terminará este domingo 8 de marzo pola tarde, coa celebración do desfile da parroquia de San Xulián. A organización correrá a cargo da comparsa local Os da Caña, coa colaboración do Concello de Marín e a Comunidade de Montes de San Xulián. Os participantes no mesmo están convocados ás 16:00 da tarde para dar comezo ao desfile que será ás 17:00 h.

O inicio será na estrada xeral EP-0019 á altura da churrasquería Xan Xián, con finalización no adro das festas, onde a organización ten preparado un final de festa con animación musical a cargo da discoteca móbil Dolce Vita, ademais de varios sorteos con agasallos doados por empresas e comercios.

Comparsas e grupos participantes

No desfile está confirmada a presenza das comparsas locais: Os da Caña e Amigos dos Rapaces, así como outras que chegan de diferentes puntos da provincia como son Os Canecos (Poio), As Sonecas e Os 100Tolos (Campelo-Poio), Os Solfamidas (Campo Lameiro), Os Miúdos (Arcade), Os Retrincos (Xeve) e Alegría de Bora (Bora) e grupos como os marinenses Os Paparrulos, Moreira a Tope (Soutomaior), Grupo de Carnaval Samieira, A Pandilla (Ponte Caldelas), Os Remolóns (Vilagarcía) e Os Furafollas (Vigo).

Desde a organización resaltan a boa sintonía entre os participantes, e agradecen a súa disposición altruísta de vir xa que grazas a eles pódese levar a cabo o gran desfile. A asociación organizadora, estendeu a invitación a todos os veciños da parroquia e arredores para que, coa súa presenza, apoien esta actividade desenvolvida polos compoñentes da comparsa, que con ilusión e esforzo queren ofrecernos unha xornada de lecer e diversión.

Agradecen a colaboración prestada por parte da Comunidade de Montes de San Xulián, o Concello de Marín e as firmas comerciais que colaboran para que a celebración do evento póidase levar a cabo. Haberá un dispositivo de seguridade por parte da Policía Local de Marín que contará coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, para que todo transcorra con normalidade.

Estará dispoñible o aparcamento disuasorio de Viñas Brancas e que conta con capacidade aproximada de 50 prazas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *