Entre os asistentes al acto celebrado en Marín estivo a conselleira do Mar, Marta Villaverde
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asistiu ao acto de homenaxe celebrado con motivo do cuarto aniversario do naufraxio do buque pesqueiro Villa de Pitanxo, unha traxedia que custou a vida a 21 mariñeiros e que deixou unha fonda pegada no sector marítimo-pesqueiro galego.

O acto, organizado en lembranza das vítimas, reuniu ás familias, compañeiros dos falecidos, representantes institucionais e a veciños que quixeron render tributo aos profesionais do mar falecidos. Durante a cerimonia realizouse unha ofrenda floral e, a continuación, tivo lugar unha Misa oficiada polo Arzobispo de Santiago, Francisco José Prieto.
O naufraxio acontecido en febreiro do 2022 en augas de Terranova (Canadá), marcou un antes e un despois na conciencia colectiva do sector, así como no reforzo de avanzar na seguridade marítima e na protección das tripulacións.

