A presidenta de Fecimo y Abanca asinando o convenio.

O convenio contempla productos e servizos agrupados nun catálogo que pretende facilitar o acceso ao crédito dos negocios e impulsar a súa competitividade

ABANCA e a Federación de Comerciantes e lndustriais do Morrazo (Fecimo) veñen de renovar, un ano máis, o seu histórico acorde de colaboración. As dúas entidades traballan conxuntamente en ofrecer novas alternativas para responder ás necesidades dos negocios de proximidade e impulsar a súa mellara competitiva.

O convenio foi asinado na sede de Fecimo en Cangas polo director de zona de ABANCA en Vigo Norte, Héctor Martínez, a presidenta de Fecimo e da Asociación de Comerciantes e lndustriais de Cangas (ACICA), María del Carmen Pereiro; o presidente da Asociación de Comerciantes e lndustriais de Bueu (ACIBU), Eugenio Blanco; a presidenta da Asociación de Comerciantes e lndustriais de Moaña (ACIMO ), Tatiana Chapela; e o presidente da Asociación de Empresarios do Parque Industrial de Castiñeiras-Bueu (AEPICAS), Pablo Pazos. Logo da sinatura, os representantes reuníronse para coñecer de primeira man as expectativas deste colectivo xusto no arranque da campaña de Nadal e para avanzar en solucións conxuntas.

No documento rubricado establécense unha serie de produtos financeiros deseñados a medida para os negocios betanceiros, como son os préstamos persoais e hipotecarios, o leasing mobiliario, as pólizas de crédito, as liñas de descanto comercial, o confirming, os avais ou os préstamos para anticipos de subvencións. Os comerciantes e empresarios asociados tamén gozarán de vantaxes na contratación de dispositivos TPV, tanto físicos como virtuais.

Así mesmo, poderán beneficiarse das vantaxes que ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pago dos servizos bancarios máis habituais, eliminando os cargos por mantemento de cantas, tarxetas, transferencias e ingreso de cheques, entre outros.

Novo plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’

No convenio tamén destaca o novo plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’, o seu primeiro plan de pensións de emprego simplificado (PPES), un produto sinxelo e flexible, dirixido a persoas traballadoras autónomas e que permite xerar un maior aforro que os plans de pensións individuais.

A través del, as persoas traballadoras autónomas e profesionais por canta propia poderán achegar anualmente a este vehículo de previsión social 4.250 euros adicionais ao límite xeral de 1.500 euros establecido para plans de pensións. Así, poderán destinar ata un total de 5.750 euros anuais para completar a súa pensión pública de xubilación, máis do triplo da achega máxima vixente no sistema individual. Esa mesma cantidade poderase reducir da base impoñible do IRPF, o que supón unha importante vantaxe fiscal para este colectivo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *