O alcalde no Merdadiño do ano pasado.

As persoas emprendedoras interesadas en contar cunha das seis casetas que oferta o Concello teñen que formalizar a súa solicitude antes do 28 de novembro

Vilaboa aposta de novo polo seu sector artesanal coa organización dunha quinta edición do seu Mercadiño de Nadal que nesta ocasión estará instalado en Figueirido, nas inmediacións do novo parque e da Casa da Cultura, para reforzar a decoración que a veciñanza deste barrio ten previsto repetir este
Nadal. Neste Mercadiño os veciños e veciñas poderán adquirir agasallos orixinais e creativos para estas festas elaborados de xeito profesional por emprendedores do municipio-

O Concello instalará seis casetas para a exposición e comercialización de artigos e manterá ata o día 28 de novembro aberto o prazo para que se inscriban quenes desexen participar da iniciativa. As persoas interesadas en utilizar o Mercadiño como escaparate do seu produto e do seu traballo teñen que remitir a súa petición ao Concello a través do mail cgallego@vilaboa. gal. As bases que regularán a concesión das casetas poden consultarse na web do Concello, www.vilaboa. gal, nas que se detalle os requisitos que deben cumprir.

O Mercadiño, que contará con iluminación e fío musical para ambientar o entorno, permanecerá aberto do 19 de decembro ao 6 de xaneiro en horario de tarde os días laborais e toda a xornada durante as fins de semana e os festivo.

Carmen Gallego, concelleira de Promoción Económica, aposta con esta iniciativa pola visualización do traballo artesanal, como xa fixo noutros eventos e citas lúdicas celebradas ao longo deste ano en Vilaboa.

“A ubicación do Mercadiño é rotatoria e este ano queremos respaldar o excelente traballo da veciñanza de Figueirido. É unha boa oportunidade para quenes teñan na venta directa unha liña de saída aos seus artigos”, apunta Carmen Gallego, que recorda que as casetas serán adxudicadas por rigurosa orde de entrada das solicitudes, “e en caso de haber máis demanda que casetas, trataremos de buscar solucións para que ninguén quede fora”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *