Edificio do concello de Vilaboa.

A Conta Xeral recén aprobado reflexa unha excelente saúde financiera cun superávit estutural, o cumprimento da regra de gasto e a ausencia de débeda

A recente aprobación en pleno da Conta Xeral de 2024 demostra a boa saúde financieira do Concello de Vilaboa resultado dun modelo de xestión dos recursos municipais baseado no cumprimento dos parámetros legais sen renunciar ao reforzo dos servizos á veciñanza.

Así, a Conta Xeral 2024 reflexa un superávit estrutural de 471.088 euros así como o cumprimento estricto dos principais parámetros fiscais no que se refire á estabilidade orzamentaria, regra de gasto e débeda pública. O Concello cumpre tamén coa regra de gasto establecido pola normativa vixente, ao situarse por debaixo do límite marcado por lei.

En canto ao pago a proveedores, Vilaboa baixou o promedio dos 14,43 días de media do 2023 aos 7,92 días da anualidade 2024, mellorando sustancialmente o seu ratio, un parámetro do que o goberno local se amosa especialmente satisfeito.

En canto ao grado de execución do orzamento en 2024 este sitúase nun 99,47% o que implica unha áxil capacidade de xestión para executar os investimentos previstos. Cabe destacar tamén a total ausencia de débeda, sen ningúnha operación de préstamos nin a medio a longo prazo dende o ano 2020.

“Estes datos son a evidencia dunha xestión responsable e sostible e unha garantía de seguridade no cumprimento do calendario de traballo que presentamos cando se aprobou o orzamento de 2024”, explica César Poza.

“A Conta Xeral corrobora que temos débeda cero e unha execución orzamentaria moi eficiente. Estamos satisfeitos con este resultado sobre todo porque nos da marxe para seguir investindo e avanzando cara ese proxecto de desenvolvemento que temos para Vilaboa e que nos permite ter en marcha agora mesmo proxectos ambiciosos que avanzan de xeito paralelo á dotación de servizos básicos como é a extensión da rede de saneamento e a mellora da rede viaria”, conclúe César Poza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *