Na presentación, que será o día 1 ás 18 horas, daranse a coñecer as actividades que conforman o programa de benestar +Vida Vilabao

O Concello de Vilaboa prepárase para un momento histórico coa apertura oficial do Centro Social e de Maiores do Picho, unha nova infraestrutura que marcará un antes e un despois na atención e coidado das persoas maiores do municipio.

Este mércores 1 de outubro ás 18:00 horas terá lugar a presentación oficial do proxecto +Vida Vilaboa nas propias instalacións do centro aberto a toda a cidadanía. Este evento será a primeira oportunidade para que a veciñanza coñeza de primeira man as instalacións e os servizos que ofrecerá este novo espazo.
Un proxecto integral para o benestar das persoas maiores.

O Centro Social e de Maiores de Vilaboa nace como resposta ás necesidades dunha poboación cada vez máis envellecida, ofrecendo un espazo moderno e adaptado onde as persoas maiores poderán acceder a múltiples servizos e actividades que favorezan o seu benestar físico, social e emocional.

A iniciativa +Vida Vilaboa representa un compromiso firme do goberno local coa calidade de vida da cidadanía de maior idade, proporcionándolles un punto de encontro e apoio integral nun contorno cercano e familiar.

O novo centro conta con instalacións modernas e completamente adaptadas para garantir a accesibilidade e comodidade de todas as persoas usuarias. As novas dependencias foron deseñadas pensando nas necesidades específicas das persoas maiores, creando un ambiente acolledor e funcional. A presentación do próximo mércores estará aberta a toda a cidadanía e representará o punto de partida dunha nova etapa nos servizos sociais do municipio.

A execución desta reforma é o resultado de varios anos de traballo previo, nos que o goberno de César Poza ideou a transformación deste espazo para convertilo nun centro de atención e actividades para persoas maiores, un servizo demandado pola cidadanía e esencial en Vilaboa tendo en conta o índice de envellecemento da poboación no municipio. “Ata a súa entrada en funcionamento como Centro de Día teremos desenvolveremos actividades terapéuticas para persoas dependentes no horario máis amplo posible na parte baixa do edificio mentras que a primeira planta queda reservada para propostas de envellecemento activo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *