Sanmartín coa Comisión de Festas de San Xulián.

A concelleira Marián Sanmartín acompañou á Asociación organizadora das festas na presentación da programación

A Asociación de Festas Amigos de San Xulián ultima os detalles dos preparativos das festas patronais da parroquia. Ata a parroquia achegouse a concelleira Marián Sanmartín para acompañar á comisión na presentación da programación, que encherá de música e tradición a fi n de semana.

Os actos festivos comezan o venres 19 de setembro a partir das 23:00 horas coa Festa da Mocidade, a cargo dos Dj´s Jorge Álvarez e Adrián Gold, que farán vibrar aos mozos e ao público en xeral.
O sábado 20 a parroquia honra á Virxe do Carmen, empezando ás 9:00 horas da mañá cun pasarrúas a cargo da Charanga Noroeste, acabando coa sesión vermut no atrio da festa, onde haberá un posto de venda de polbo.

Ás 18:00 horas da tarde, chegará a quenda de Óscar Fernández, que sorprenderá a pequenos e maiores co seu espectáculo de maxia, e a continuación, ás 20:00 horas, celebrarase a misa solemne en honra á Virxe do Carme, seguida da procesión acompañada polo Grupo de Gaitas Carballido, onde ao acabar darán un concerto.

Para rematar a xornada do sábado, a comisión de festas ten preparada unha verbena a partir das 22:00 horas co Grupo Galia e o espectacular concerto de Son das Tabernas, que acaban de estrear un videoclip “Verbena” e un disco recentemente, titulado “Arrancadeira”.

O domingo 22, a xornada está dedicada á Virxe dos Remedios, onde desde as 9:00 horas a Charanga OT animará as rúas da parroquia. Ás 12:00 horas, celebrarase a misa solemne en honra á Virxe dos Remedios, seguida de procesión con acompañamento do Grupo Folclórico Buxainas nos Pés, onde ao fi nalizar dará un concerto no atrio parroquial onde haberá outra vez pulpeiro.

Ás 18:00 horas, será o espectáculo familiar con 2mind combined, que fará as delicias dos máis pequenos e ás 21:00 horas, comezará a verbena que estará a cargo do Grupo Tania Veiras, coñecida por ser rostro televisivo na TVG. Ás 23:00 horas, será a gran tirada de lumes de luces.

O recinto da festa estará cuberto por unha gran carpa e haberá bar a cargo da comisión e postos de comida ambulante.

Desde a Asociación de Festas Amigos de San Xulián agradecen a colaboración prestada por todos os veciños, amigos, Comunidade de Montes de San Xulián, Concello de Marín e Deputación de Pontevedra para que as festas patronais da parroquia de setembro póidanse levar a cabo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *