Os operarios limpando as rúas de Marín.

O Concello encarga estes traballos, que se desenvolverán durante todo o mes, para mellorar o estado das principais rúas e prazas, agora que as altas temperaturas e a falta de chuvia desta tempada parecen dar unha tregua

O Concello de Marín vén de contratar unha importante batida de chorreo e limpeza viaria, que arrancou hoxe e que se levará a cabo durante todo o mes de setembro, pasando polas seguintes zonas:


● Alameda Rosalía de Castro
● Concepción Arenal
● Méndez Núñez
● Rúa da Roda
● Fondo do Saco
● Rúa de Serafín Tubío
● Rúa Lameira
● Rúa Exército e Marina
● Rúa Alcalde José del Río
● Rúa Dr Touriño
● Rúa Busto de Arriba
● Rúa Busto de Abaixo

Desde o Concello, explican que se trataba dunha importante necesidade, xa que o verán, a falta de chuvias e os eventos producen suciedade nas rúas e prazas, pero que non foi posible acometer antes pola falta de chuvias deste verán e a necesidade de aforrar auga.

Agora, investiranse cerca de 25.000 euros nestes traballos, que se desenvolven nas rúas máis céntricas, pero que despois se seguirán encargando para cubrir as máximas zonas posibles.
Colaboración da hostalaría e concienciación cidadá

Ademais, desde o Concello piden aos locais de hostalaría a súa colaboración para manter en bo estado o espazo público que se ocupa cos veladores e terrazas. De feito, mandaráselles un ofi cio para recordarlles que, por ordenanza, están obrigados a manter o seu mobiliario en perfectas condicións, así como a retiralo da vía pública cando fi nalice o horario autorizado para a terraza. Tamén deben manter permanentemente limpa a zona ocupada polas mesas e cadeiras, así como das zonas adxacentes.
Por outro lado, a concienciación cidadá e a colaboración de toda a veciñanza tamén é fundamental para manter o espazo público en boas condicións. Unha das cuestións que máis ensucia e crea problemas de salubridade é a non recollida dos excrementos dos cans, así como non botar un chorriño de auga ou similar aos ouriños.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *